Os Premios Dalle Like recoñecen o talento dixital galego

iCmedia Galicia formou parte do xurado que elixiu aos mellores influencers nas distintas categorías
Fausto Cacharela
A cidade de Lugo volveu converterse no epicentro da creación de contido e da influencia dixital coa celebración dunha nova edición dos Premios Dalle Like, unha gala que reuniu a influencers, creadores de contido, institucións, marcas e representantes do tecido cultural e social galego nun evento que xa se consolida como unha das grandes citas do panorama dixital de Galicia.
O evento, celebrado o pasado sábado 16 no Círculo das Artes de Lugo, puxo en valor o talento emerxente e consolidado das redes sociais galegas, recoñecendo o traballo de creadores en categorías como humor, moda, motor, viaxes, lifestyle, gastronomía, deporte ou divulgación. A gala destacou tamén polo seu carácter dinámico, moderno e profundamente ligado á identidade galega, converténdose nun escaparate do potencial creativo da comunidade. iCmedia Galicia formou parte do xurado que elixiu aos mellores influencers nas distintas categorías.
Os gañadores foron os seguintes:
MÁIS QUE CABALOS, Iván Cabanas Trashorras, @motortips
ETIQUETA GZ, Natalia Rivera, @nati.rsanabria
POWER GALEGO, Diego Vázquez, @galiactiva
GALIFORNIA, Beatriz Sotelo, @petiscosgalegos
LINGUA QUE LATE, Lucas Rey, @lucasreyy_
COCIÑA VIBES, Moisés Rodríguez, @moichef
MODO GALEGO ON, Mercedes Silva Méndez, @merce_mend
LOL CON RETRANCA, Sara Duarte, @lucas_dog_adbenture
ROMPE REDES, Rocío Meiriño, @ro_meiry
PÍCARO INFLUENCER, Andrés Freijo, @motoandres73

A gala se celebrou no Círculo das Artes de Lugo.
A celebración contou coa presenza de representantes institucionais, colaboradores e diferentes personalidades do ámbito cultural e empresarial, reforzando o papel dos premios como punto de encontro entre o mundo dixital e a sociedade galega.
Ademais da entrega de galardóns, a edición deste ano apostou por novas iniciativas participativas e accións de promoción cultural baixo o lema “Desde Galicia para o mundo”, fomentando a difusión do patrimonio, da lingua e da cultura galega a través das redes sociais.
Os Premios Dalle Like continúan así a súa aposta por dar visibilidade ao talento dixital feito en Galicia, impulsando a profesionalización do sector e posicionando Lugo como un referente na organización de eventos innovadores vinculados á comunicación e ás novas tendencias.

Outro momento da entrega de premios.
















