iCmedia Galicia

Menú superior

  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

Menú principal

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

logo

Header Banner

iCmedia Galicia

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • RTVE: ¿La televisión de todos o instrumento partidista?

  • La era de las redes antisociales

  • iCmedia impulsa un modelo de influencia responsable

  • “Tecnoferencias”: cuando los móviles destrozan la vida familiar

  • Cien años de la primera superproducción del cine gallego

Periodismo
Home›Periodismo›“Xornalismo nas aulas”, un programa da APG fronte a desinformación

“Xornalismo nas aulas”, un programa da APG fronte a desinformación

Por icmedia
diciembre 2, 2025
83
0

Profesionais da comunicación facilitan aos alumnos galegos ferramentas e prácticas para discernir entre os contidos veraces e os falsos ou que distorsionan a realidade

 

iCmedia Galicia

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) vén de poñer en marcha o programa Xornalismo nas aulas, que conta coa colaboración da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, para contribuír á alfabetización dos estudantes galegos da ESO e Bacharelato, ante “o aluvión informativo dixital que lles chega a todos eles a diario a través da internet e das redes sociais”.

O obxectivo desta iniciativa, na que destacados profesionais da comunicación de Galicia cunha ampla traxectoria ás súas costas impartirán unha clase-obradoiro en quince centros da rede educativa pública galega, é facilitar aos rapaces ferramentas e prácticas para poder discernir entre a información de fontes e veraz, fronte a aquelas que poidan enturbar ou distorsionar os contidos.

Clases-obradoiro

Alumnos do IES A Basella coa directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, a directora do centro, Rebeca García Rodríguez, e o xornalista da APG Alberto Avendaño.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Judith Fernández, asistiu hoxe a unha desas clases, no IES A Basella, na localidade Pontevedresa de Vilanova de Arousa, onde o encargado de impartir a actividade aos rapaces foi o xornalista Alberto Avendaño e onde acompañou á directora do centro, Rebeca García Rodríguez. As clases-obradoiro, impartidas por xornalistas de prestixio da radio, televisión e da prensa escrita e dixital -entre os que figuran moitos directores e exdirectores de medios de comunicación da nosa comunidade-, apostan por unha observación polo miúdo das informacións que lles chegan aos mozos a través das diferentes plataformas dixitais, recoñecendo ademais os efectos e influencias que producen nos cidadáns, así como o papel que teñen finalmente na conformación da opinión pública das novas xeracións, constituídas nas súa totalidade por nativos dixitais.

Internet como fonte de información

A presidenta da APG, María Méndez, subraiou que “toda vez que está constatado que os mozos xa empregan maioritariamente internet como principal fonte de información, e moitos dos contidos que lles chegan pola rede de redes son máis que dubidosos, antoxábasenos moi necesario desenvolver actuacións para que os estudantes adolescentes poidan distinguir entre bulos, fake news, informacións falsas…, e as novas debidamente contrastadas que publican medios de comunicación e os profesionais solventes e críbles”.

O programa Xornalismo nas aulas servirá tamén para dar a coñecer aos docentes os elementos e mecánicas dos que dispoñen para axudar aos estudantes, tamén das seguintes promocións, a identificar os diferentes tipos de mensaxes, de tal xeito “que poidan elixir e construír a súa percepción a partir de informacións procedentes da práctica dun xornalismo serio e con maiúsculas”, conclúe a presidenta. “Ademais, os profesionais da comunicación que asistirán ás aulas compartirán cos alumnos a súa propia experiencia xornalística e relatarán anécdotas de relevo durante o seu exercicio profesional, o que nalgúns casos podería mesmo fomentar algunhas vocacións entre os adolescentes”.

 

Etiquetasalfabetización mediáticaAPGdesinformación
Noticia anterior

RTVE: ¿La televisión de todos o instrumento ...

icmedia

Artículos relacionados: Más del mismo autor

  • InternetRedes Sociales

    “Comando Red”, vídeos educativos sobre la Responsabilidad en Redes

    abril 19, 2024
    Por icmedia
  • Información

    Así trabajan los verificadores para frenar la desinformación

    agosto 13, 2024
    Por icmedia
  • Comunicación

    Séniors de la Universidad de Vigo aprenden a detectar “fake news”

    mayo 16, 2025
    Por icmedia
  • Comunicación

    iCmedia participa en el I Encuentro Mentes AMI

    octubre 27, 2022
    Por icmedia
  • Comunicación

    “O público pode influír no algoritmo”

    marzo 12, 2023
    Por icmedia
  • Usuarios

    Desinformación sin freno: la alfabetización mediática es cada vez más urgente

    mayo 2, 2025
    Por icmedia

You may interested

  • Una rotativa en pleno funcionamiento
    AudiovisualGaliciaTelevisión

    Un compromiso ético por la información veraz

  • Series

    Series: El pionero

  • Videojuegos

    Super Mario 3D World: para jugar con tus hijos

  • ÚLTIMAS VISTAS

  • MÁS VISTAS

  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9
  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9

Timeline

  • diciembre 2, 2025

    “Xornalismo nas aulas”, un programa da APG fronte a desinformación

  • noviembre 22, 2025

    RTVE: ¿La televisión de todos o instrumento partidista?

  • noviembre 11, 2025

    La era de las redes antisociales

  • octubre 29, 2025

    iCmedia impulsa un modelo de influencia responsable

  • octubre 10, 2025

    “Tecnoferencias”: cuando los móviles destrozan la vida familiar

Latest Comments

Find us on Facebook

logo

iCmedia Galicia es una asociación que actúa con independencia y bajo el manto de ICMEDIA, Federación de Asociaciones de Consumidores y Usuarios de los Medios.

Su finalidad primordial es la promoción de iniciativas que favorezcan la calidad de los contenidos de los Medios audiovisuales gallegos.

Datos de contacto

  • c/ Vila de Laxe,10, 1ºC# 15005 La Coruña
  • (+34) 648 884 783
  • info@icmediagalicia.es
  • Recientes

  • Popular

  • Comentarios

  • “Xornalismo nas aulas”, un programa da APG fronte a desinformación

    Por icmedia
    diciembre 2, 2025
  • RTVE: ¿La televisión de todos o instrumento partidista?

    Por icmedia
    noviembre 22, 2025
  • La era de las redes antisociales

    Por icmedia
    noviembre 11, 2025
  • iCmedia impulsa un modelo de influencia responsable

    Por icmedia
    octubre 29, 2025
  • FlixOlé, la plataforma de contenido español

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Jornada OCTA-CNMC: La protección de la infancia y la juventud

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Cine Familiar TV Domingo: Avatar

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    Por icmedia
    julio 16, 2015

Fotos ICMEDIA

    • Facebook
    • TikTok
    • Instagram
    • X
    • Contacto
    • Política de cookies
    • Política de privacidad
    • Aviso Legal
    © Copyright IcMedia Galicia. Todos los derechos reservados.