IcMedia Galicia

Menú superior

  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

Menú principal

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Televisión
  • Radio
  • Internet
  • Influencers
  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

logo

Header Banner

IcMedia Galicia

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Televisión
  • Radio
  • Internet
  • Influencers
  • Protección de la infancia en el entorno digital

  • Alfonso Blanco, nuevo presidente del Clúster Audiovisual Galego

  • Marca de vida

  • La mitad de los adolescentes gallegos están suscritos a tres o más plataformas

  • Consumo audiovisual en Galicia 2023

Comunicación
Home›Comunicación›“O público pode influír no algoritmo”

“O público pode influír no algoritmo”

Por icmedia
marzo 12, 2023
157
0
Comparte:

Emili Prado, catedrático de Comunicación Audiovisual, alerta da diminución do interés cidadán polas noticias debido a desinformación, as noticias falsas e as incorrectas

 

Manolo Rodríguez

O Consello da Cultura Galega acolleu o 9 de marzo a primeira xornada do foro Pensar o mundo dende Galicia. O tema foi A información no mundo da posverdade no contexto actual que é, en palabras do catedrático de Xornalismo Xosé López García, “como cando desborda un río”.

Abriu a xornada o catedrático de Comunicación Audiovisual na Universitat Autónoma de Barcelona Emili Prado, que foi decano e fundador da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. “O 38% da poboación mundial fuxe das noticias”, dixo Prado dentro da conferencia titulada O ecosistema comunicativo actual e a desinformación. Os motivos de esa fuxida son, explicou, a desinformación, as noticias falsas ou incorrectas e a reiteración das noticias, a intoxicación informativa.

Para Emili Prado, a desinformación pode ser de tres clases:

1) Noticias falsas. É a creación deliberada de información adulterada con apariencia acorde cos canons xenéricos do periodismo e que ten apariencia de honorabilidade.

2) Información maliciosa. É falsa e está creada e distribuida co propósito de enganar.

3) Información incorrecta. Pode ser por neglixencia, por erros na producción ou por erros alleos.

Na apertura do encontro, Xosé López apuntou que, se ben a desinformación existiu sempre, “estamos nun momento complexo polas ferramentas tecnolóxicas, pero tamén porque hai unha maior concienciación”. Tamén reclamou a necesidade de asumir a responsabilidade de loitar contra a desinformación dende tres ámbitos: “o legal, o tecnolóxico e o educativo”.

Como o novo sistema de comunicativo, despois da revolución dixital e a revolución da Rede, “susténtase na economía da atención”, definiu Prado, “o público pode influír no algoritmo”. O xeito de facelo é “creando contidos de calidade” e diferentes, apostando, dixo, polo propio, pola diversidade, como pode ser un idioma e unha cultura propia.

Remedios Zafra (Córdoba, 1973), antropóloga e filósofa, pechou a xornada matinal. Alertou sobre a precariedade laboral dos que fan a información, algo que axuda, dixo, a convivir a verdade coa mentira. “La verdad es un terreno pantanoso en medio de este exceso de ruido, de información”. Despois de lembrar que moitas culturas loitaron pola privacidade, aludiu a Umberto Eco para dicir: “Más que la pérdida de privacidad, lo grave es ser invisible”. Tamén reivindicou o que chamou pensamento lento.

Os relatorios poden verse na canle de Youtube do CCG.

(Sesión da mañá)

https://www.youtube.com/watch? v=rN1rKbmtAXc</a><!–EndFragment– !–EndFragment–>

Proxectos da Universidade de Vigo

O encontro completouse con unha mesa de debate sobre a loita contra a desinformación na que falaron profesionais con proxectos en execución. María Isabel Míguez González, profesora titular da Universidade de Vigo, é a investigadora principal, xunto co profesor Alberto Dafonte González, do proxecto Narrativas digitales contra la desinformación: estudio de redes, temas y formatos en los fact-checkers iberoamericanos, financiado pola Axencia Estatal de Investigación. Contou como levan organizado en Vigo varios seminarios contra a desinformación e tamén deron charlas a xente nova para explicarlles, entre outras moitas cousas, “o sinxelo que é crear unha nova falsa”.

Tanto María Isabel Míguez coma os demais participantes nesta mesa salientaron a necesidade da alfabetización mediática, unha das principais medidas para loitar contra a desinformación e as falsas noticias.

Xosé Rúas Araujo, tamén profesor da universidade viguesa, resumiu a loita contra a desinformación en tres puntos: O poder dos usuarios, a calidade dos verificadores da información e dos procesos de verificación e a formación que incluiría “poñer en valor os propios verificadores”.

Clara González Tosat é doutora en Comunicación pola Universidade de Navarra e xestora do proxecto IBERIFIER, o observatorio de medios dixitais de España e Portugal impulsado pola Comisión Europea. Contou que fixeron un mapeo dos medios dixitais dos dous países, “más de 5.000”. Dixo que teñen un mapa de medios con dous mil bulos sobre desinformación, “esto permite hacer una trazabilidad de esos bulos, como se hace con los alimentos”.

O catedrático de Periodismo da Universidade Carlos III de Madrid e da cátedra Jean Monnet, Carlos Elías, falou do proxecto “UE, desinformación y fake news”. Explicou que a Unión Europea pide “vigilar la información sobre salud. Ser muy riguroso en este tipo de información”, sobre todo despois do covid. Outro punto de atención son os discursos populistas, xa que “se hace periodismo declarativo porque hay mucha precariedad laboral”. Neste senso alentou a necesidade de verificar as fontes das informacións, ver si son as axeitadas. E a terceira cuestión, dixo, sería o cambio de fluxo informativo, antes dos grandes medios aos receptores pero ahora mudou e puxo exemplos: “Sergio Ramos tiene 9 millones de seguidores, el Marca 4 millones. ¿Cuál es el medio mayoritario?”.

Elías comentou como en moitas ocasións “libertad de expresión se confunde con libertad de opinión”, que o fenómeno do “tertulianismo” existente en España non se da noutros países e que a regulación de contidos por parte da Unión Europea “va a ser complicado porque la UE no puede decir que tal medio de comunicación miente”.

(Sesión da tarde)

https://www.youtube.com/watch? v=zVSykWLjNzw</a><!–EndFragment– !–EndFragment–>

O peligro das falsas noticias analizado no campus de Ferrol

O mesmo día 9 tamén tivo lugar no campus industrial de Ferrol un encontro no que se falou do peligro das falsas noticias para a sociedade do coñecemento. Dirixidas polo profesor Wenceslao Gonález, as xornadas sobre Creatividade Científica, Innovación Tecnolóxica e Sociedade reivindicaron o xornalismo de calidade para combatir a proliferación de noticias falsas. Investigadores de universidades europeas e americanas salientaron que a difusión de noticas falsas na Rede constitue un serio problema na sociedade do coñecemento.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2023/03/09/campus-industrial-ferrol-analiza-peligro-representan-noticias-falsas-sociedad-conocimiento/00031678376049638954245.htm

 

EtiquetasdesinformaciónEmili Pradofake newsposverdadSantiago
Noticia anterior

El éxito de rectificar

Noticia siguiente

¿Cómo madurar digitalmente?

0
Comparte
  • 0
  • +
  • 0
  • 0
  • 0
  • 0

icmedia

Artículos relacionados: Más del mismo autor

  • InternetRedes Sociales

    ¿Cómo madurar digitalmente?

    marzo 15, 2023
    Por icmedia
  • ComunicaciónFirma invitadaPeriodismo

    Una profesión emocionante

    noviembre 22, 2021
    Por icmedia
  • Comunicación

    iCmedia participa en el I Encuentro Mentes AMI

    octubre 27, 2022
    Por icmedia
  • AudiovisualComunicaciónEntrevistasGalicia

    La imagen del periodismo en la ficción, a debate en Santiago

    abril 5, 2022
    Por icmedia
  • Comunicación

    El éxito de rectificar

    marzo 8, 2023
    Por icmedia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

You may interested

  • Series

    Series: Victoria

  • Internet

    Memoria iCmedia 2009

  • Televisión

    Cien años con Fofó

  • ÚLTIMAS VISTAS

  • MÁS VISTAS

  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9
  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9

Timeline

  • mayo 29, 2023

    Protección de la infancia en el entorno digital

  • mayo 16, 2023

    Alfonso Blanco, nuevo presidente del Clúster Audiovisual Galego

  • mayo 15, 2023

    Marca de vida

  • mayo 10, 2023

    La mitad de los adolescentes gallegos están suscritos a tres o más plataformas

  • mayo 4, 2023

    Consumo audiovisual en Galicia 2023

Latest Comments

  • Jose Maria
    on
    octubre 25, 2021
    Para que sirve una serie de Tv? El entretenimiento no es excusa, porque hay muchas mas alternativas. La ...

    El juego del calamar

Find us on Facebook

logo

iCmedia Galicia, es una asociación que actúa con independencia y bajo el manto de ICMEDIA, Federación de Asociaciones de Consumidores y Usuarios de los Medios.

Su finalidad primordial es la promoción de iniciativas que favorezcan la calidad de los contenidos de los Medios audiovisuales gallegos.

Datos de contacto

  • Av. García Barbón, 64, 6ºC # 36202 Vigo (Pontevedra)
  • (+34) 648 884 783
  • info@icmediagalicia.es
  • Recientes

  • Popular

  • Comentarios

  • Protección de la infancia en el entorno digital

    Por icmedia
    mayo 29, 2023
  • Alfonso Blanco, nuevo presidente del Clúster Audiovisual Galego

    Por icmedia
    mayo 16, 2023
  • Marca de vida

    Por icmedia
    mayo 15, 2023
  • Un momento de la presentación. // ARXINA (NÓS DIARIO)

    La mitad de los adolescentes gallegos están suscritos a tres o más plataformas

    Por icmedia
    mayo 10, 2023
  • El juego del calamar

    Por Claudio Sánchez
    octubre 25, 2021
  • FlixOlé, la plataforma de contenido español

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Jornada OCTA-CNMC: La protección de la infancia y la juventud

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Cine Familiar TV Domingo: Avatar

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Jose Maria
    on
    octubre 25, 2021

    El juego del calamar

    Para que sirve una ...

Fotos ICMEDIA

    Síguenos en las redes

    • Contacto
    • Política de cookies
    • Política de privacidad
    • Aviso Legal
    © Copyright IcMedia Galicia. Todos los derechos reservados.