iCmedia Galicia

Menú superior

  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

Menú principal

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

logo

Header Banner

iCmedia Galicia

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • RTVE: ¿La televisión de todos o instrumento partidista?

  • La era de las redes antisociales

  • iCmedia impulsa un modelo de influencia responsable

  • “Tecnoferencias”: cuando los móviles destrozan la vida familiar

  • Cien años de la primera superproducción del cine gallego

Cine
Home›Cine›+Cuñados: riamos como galegos

+Cuñados: riamos como galegos

Por icmedia
abril 22, 2024
933
0

Un ten a sensación de estar vendo unha película berlanguiana, tanto polo protagonismo coral como polo arrevesado da trama e polo ton do humor, exento da máis mínima vulgaridade

Félix Caballero

O primeiro acerto de +Cuñados é o título. Pode semellar unha minucia, mais coido que ten importancia. Como secuela ou segunda parte de Cuñados, a película precisaba dun título que a conectase directamente coa súa predecesora, pero non podía ser Cuñados II, porque iso de identifcar cun numeral as segundas partes parece cousa do pasado (Superman II, Padrino II…). Daquela, corríase o risco de caer en algo tan choqueiro como  Os cuñados de novo en acción ou Os cuñados volven facer das súas, que case produciría rubor. Defintivamente, +Cuñados é unha boa solución.

O filme, como a primeira parte, conecta poderosamente coa forma de ser e de vivir dos galegos. Por iso non só está feito en Galicia e por galegos, senón tamén falado en galego. Non podía ser doutra maneira. Representa en grao sumo a idiosincrasia do noso pobo e o público identifícase plenamente con el. Non sei que recepción terá fora da comunidade autónoma (tampouco sei cal tivo finalmente a precuela), á que non axudará en calquera caso a tradución ao español (estamos ante un humor galego que se goza máis e mellor en galego), mais o que está claro é que en Galicia vai gustar moito.

Parte do mérito deste saber reflectir a idiosincrasia galega tena, sen dúbida, Araceli Gonda, a guionista, que tamén o foi da primeira parte. Unha xornalista da TVG que hai xa uns cantos anos tivo o valor e mais o acerto de deixar a información para se pasar á ficción. Por certo que esta secuela non foi dirixida por Toño López, director da cinta anterior, senón por Luís Avilés Vaquero. Descoñezo a razón.

En +Cuñados a cidade de Ourense volver ter o seu protagonismo; de feito, é unha protagonista máis. E isto é outro acerto da película, que nos presenta o barrio vello de Ourense en pleno Entroido, coa celebración dos veciños na rúa, un motivo máis para que o espectador galego se identifique coa película. Ourense, Entroido, polbo e viño, porque os cuñados se dedican agora á preparar e servir o polbo cun posto na rúa, mentres que a familia continúa elaborando e comercializando viño do Ribeiro. A xa serie de Cuñados ten posto de manifesto que a cidade de Ourense é un escaparate cinematográfico de primeiro nivel.

Trío de cómicos

Falando de protagonistas, outra das columnas nas que se sostén a película é a interpretación dese trío imbatible de cómicos que son Miguel de Lira, Xosé Antonio Touriñán e Federico Pérez. Miren que en Galicia hai moitos e moi bos cómicos (actores e actrices), pero estes tres son, probablemente, os meus preferidos. A química entre eles é, ademais, enorme. Que así era entre Touriñán e Pérez xa o sabiamos polas súas interpretacións conxuntas nos escenarios e platós de televisión, pero nestas dúas películas de Cuñados queda claro que a química esténdese tamén a De Lira, polo demais un actor extraordinario; se cadra, o mellor cómico galego dos últimos tempos, non tan coñecido polo gran público como os outros dous porque se ten centrado máis non teatro que na televisión (é membro fundador da compañía Chévere, Premio Nacional do Teatro en 2014). Aínda así, os máis vellos do lugar aínda o recordan ben polo seu papel de Evaristo Currás na serie Mareas vivas, emitida pola TVG de 1998 a 2002.

Os protagonistas da película.

Este trío de actores está perfectamente acompañado polas actrices que fan das tres irmás da familia (Iolanda Muíños, María Castro e Eva Fernández) e pola que intepreta a nai delas, a excelente Mela Casal, que sempre dá ás súas personaxes unha dose de tenrura que as fai entrañables.

Nesta segunda parte súmase ao elenco un grupo de actores e actrices portugueses que confirman que cando Galicia e Portugal colaboran nun proxecto audiovisual o resultado medra exponencialmente.

Con +Cuñados, un ten a sensación de estar vendo unha película berlanguiana, tanto polo protagonismo coral como polo arrevesado da trama e polo ton do humor, exento en todo momento da máis mínima vulgaridade. Se o director valenciano vivise na Galicia de hoxe, de seguro que faría películas parecidas. E isto é un eloxio tanto para o director e mais a guionista de +Cuñados (e da súa precuela) como para o propio Berlanga.

En fin, que esta segunda parte de Cuñados vai gustar aos galegos (e a moitos que non no son) tanto como a primeira e vai volver pór Ourense no escaparate cinematográfico. Ninguén que vise a primeira quedará defraudado. Outra gran comedia galega e outra mostra de que desde Galicia se pode facer cine (neste caso, comedia) de calidade que interese a toda España.

Etiquetas+Cuñadoscinegalicia
Noticia anterior

“Comando Red”, vídeos educativos sobre la Responsabilidad ...

Noticia siguiente

España regula la actividad de los “influencers”

icmedia

Artículos relacionados: Más del mismo autor

  • Series

    Series: “Fariña”

    enero 16, 2017
    Por icmedia
  • Televisión

    Cine Familiar TV Viernes: Ant Bully. Bienvenido al hormiguero

    julio 16, 2015
    Por icmedia
  • Cine

    Los Fabelman

    febrero 24, 2023
    Por icmedia
  • Cine

    20 clásicos para aprender sobre cine (y dónde verlos)

    julio 9, 2024
    Por icmedia
  • Cine

    35 películas para ver este verano

    julio 27, 2023
    Por icmedia
  • En portadaInternet

    La mitad de los jóvenes gallegos admite que el uso de Internet le causa problemas

    mayo 23, 2024
    Por icmedia

You may interested

  • Redes Sociales

    Mamá, por favor, ¿puedes borrar esa foto mía de tu instagram?

  • AudiovisualTelevisión

    ¿Qué vemos esta noche?

  • AudiovisualGaliciaTelevisión

    “Galicia bonita”, el reality bien hecho

  • ÚLTIMAS VISTAS

  • MÁS VISTAS

  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9
  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9

Timeline

  • diciembre 2, 2025

    “Xornalismo nas aulas”, un programa da APG fronte a desinformación

  • noviembre 22, 2025

    RTVE: ¿La televisión de todos o instrumento partidista?

  • noviembre 11, 2025

    La era de las redes antisociales

  • octubre 29, 2025

    iCmedia impulsa un modelo de influencia responsable

  • octubre 10, 2025

    “Tecnoferencias”: cuando los móviles destrozan la vida familiar

Latest Comments

Find us on Facebook

logo

iCmedia Galicia es una asociación que actúa con independencia y bajo el manto de ICMEDIA, Federación de Asociaciones de Consumidores y Usuarios de los Medios.

Su finalidad primordial es la promoción de iniciativas que favorezcan la calidad de los contenidos de los Medios audiovisuales gallegos.

Datos de contacto

  • c/ Vila de Laxe,10, 1ºC# 15005 La Coruña
  • (+34) 648 884 783
  • info@icmediagalicia.es
  • Recientes

  • Popular

  • Comentarios

  • “Xornalismo nas aulas”, un programa da APG fronte a desinformación

    Por icmedia
    diciembre 2, 2025
  • RTVE: ¿La televisión de todos o instrumento partidista?

    Por icmedia
    noviembre 22, 2025
  • La era de las redes antisociales

    Por icmedia
    noviembre 11, 2025
  • iCmedia impulsa un modelo de influencia responsable

    Por icmedia
    octubre 29, 2025
  • FlixOlé, la plataforma de contenido español

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Jornada OCTA-CNMC: La protección de la infancia y la juventud

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Cine Familiar TV Domingo: Avatar

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    Por icmedia
    julio 16, 2015

Fotos ICMEDIA

    • Facebook
    • TikTok
    • Instagram
    • X
    • Contacto
    • Política de cookies
    • Política de privacidad
    • Aviso Legal
    © Copyright IcMedia Galicia. Todos los derechos reservados.