iCmedia Galicia

Menú superior

  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

Menú principal

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

logo

Header Banner

iCmedia Galicia

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • 20 series para disfrutar este verano

  • 16 películas para el verano 2025

  • El 57% de los españoles ve a los políticos como la mayor fuente de desinformación

  • Niños y grupos de WhatsApp: ¿cuándo y cómo?

  • Luchar contra la desinformación, una tarea de todos

Series
Home›Series›Pepe Coira: “O audiovisual galego vive o seu mellor momento”

Pepe Coira: “O audiovisual galego vive o seu mellor momento”

Por icmedia
noviembre 30, 2022
1114
0

Roberto Ledo

Pepe Coira (Rábade, Lugo, 1963) é un creador e guionista galego de series televisivas como “Hierro” (2019) ou “Rapa” (2022). Licenciado en Xeografía e Historia pola USC e diplomado en Historia Estética da Cinematografía pola Universidade de Valladolid, foi crítico cinematográfico nun xornal de Santiago e traballou para a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (1988-1997).

Director do CGAI e profesor da Escola de Imaxe e Son ata o ano 2000, foi profesor asociado na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en Pontevedra (2004-2007) e no mestrado de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña.

Foi guionista dos programas da TVG Extramuros (1987) e Luces da Cidade (1988-1989). Traballou como produtor executivo e editor de guión en series televisivas de ficción (Mareas vivas, Terra de Miranda, A miña sogra e mais eu e As leis de Celavella) e documental (Vida nas mareas e O mundo de Celavella) e da longametraxe De bares.

En 2006 comezou a traballar para o grupo Filmax como xefe de desenvolvemento e produtor executivo de Filmax TV.

Pepe Coira, no CEIP Candeán-Igrexa de Vigo.

“Diario Luso-Galaico” entrevistouno no CEIP Candeán-Igrexa de Vigo, onde protagonizou unha actividade escolar cos alumnos.

Coira ve o guionista coma unha parte mais máis dunha obra colectiva. Atopa máis coincidencias á hora de facer cinema ou televisión que diferenzas. A capacidade creativa posta a favor da impronta pegada persoal do guionista varia moito se se trata dun encargo ou da libre ocorrencia.

Fronte á inspiración prefire fiar todo a unha boa documentación. O seu gusto é polo realismo ou naturalismo fronte ao mundo fantástico.

A capacidade de influencia na sociedade é para Pepe Coira a participación na “construción do universo cultural”. Repite: “Somos as ideas que temos”, polo tanto a influencia é do conxunto, da tendencia.

Entre ficción e xornalismo, o creador valora a virtude de acoutar que ten o xornalismo, que, en si mesma, é unha intervención no relato. Por iso cre que xornalismo é un xénero literario aínda que non se considere así. “É un exercicio de construción”, declara. En todos os casos de escritura, coma no xornalismo, son un “exercicio de construción”. É converter en texto un relato.

Sobre o audiovisual galego, Coira explica que “vive o mellor dos posibles momentos dos que ata agora houbo”.  Consciente da falta de tradición y de que no século XX quedou na periferia, sendo tan só bos espectadores e Galicia un bo escenario. Mais non xeramos historias. E agora hai moitísimos bos profesionais do audiovisual en Galicia que aproveitan no exterior a nosa etiqueta de calidade.

Pepe Coira cre que é froito de algo tan básico como a decidida aposta por parte da televisión pública galega. O oficio, di, é moi artesanal e apréndese facéndoo.

As audiencias son de varios tipos, ao seu xuízo. A súa “é como o vello público do cinema, xente que vai ás series coma ás novelas ou películas, esixente e cuns gustos determinados”.

Outro tipo de público é o que busca a repetición. Aínda hai outro que, se recoñecen o final, deixan de interesarse. Logo está o público novo que ten un xeito de ver de forma fragmentaria, con pouca concentración…

Sobre Portugal, “é un veciño moi querido e no cinema e no audiovisual é moi poderoso, con bos cineastas”.

O vídeo da entrevista: 

https://vimeo.com/775350873

EtiquetasaudiovisualgaliciaguionistasPepe Coiraseries
Noticia anterior

Cien años de Blake Edwards

Noticia siguiente

¡Feliz Navidad!

icmedia

Artículos relacionados: Más del mismo autor

  • Cine

    +Cuñados: riamos como galegos

    abril 22, 2024
    Por icmedia
  • Series

    1883

    abril 10, 2023
    Por icmedia
  • Una imagen de la serie "This is us".
    Series

    Valores y contravalores en las series de televisión

    septiembre 10, 2023
    Por icmedia
  • Series

    “La delgada línea azul” y otras series del mes

    septiembre 25, 2023
    Por icmedia
  • SeriesTelevisión

    El juego del calamar

    octubre 25, 2021
    Por Claudio Sánchez
  • SeriesTelevisión

    Que fai “imprescindible” unha serie de televisión?

    noviembre 9, 2022
    Por icmedia

You may interested

  • Reportaje

    Grandes cómicos del cine en dibujos animados

  • Periodismo

    ¿Hacia un Ministerio de la Verdad?

  • Televisión

    Nace Agalega, plataforma digital con 1.400 contenidos gratuitos

  • ÚLTIMAS VISTAS

  • MÁS VISTAS

  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9
  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9

Timeline

  • julio 7, 2025

    20 series para disfrutar este verano

  • junio 30, 2025

    16 películas para el verano 2025

  • junio 20, 2025

    El 57% de los españoles ve a los políticos como la mayor fuente de desinformación

  • junio 13, 2025

    Niños y grupos de WhatsApp: ¿cuándo y cómo?

  • junio 6, 2025

    Luchar contra la desinformación, una tarea de todos

Latest Comments

Find us on Facebook

logo

iCmedia Galicia es una asociación que actúa con independencia y bajo el manto de ICMEDIA, Federación de Asociaciones de Consumidores y Usuarios de los Medios.

Su finalidad primordial es la promoción de iniciativas que favorezcan la calidad de los contenidos de los Medios audiovisuales gallegos.

Datos de contacto

  • c/ Vila de Laxe,10, 1ºC# 15005 La Coruña
  • (+34) 648 884 783
  • info@icmediagalicia.es
  • Recientes

  • Popular

  • Comentarios

  • 20 series para disfrutar este verano

    Por icmedia
    julio 7, 2025
  • 16 películas para el verano 2025

    Por icmedia
    junio 30, 2025
  • El 57% de los españoles ve a los políticos como la mayor fuente de desinformación

    Por icmedia
    junio 20, 2025
  • Niños y grupos de WhatsApp: ¿cuándo y cómo?

    Por icmedia
    junio 13, 2025
  • FlixOlé, la plataforma de contenido español

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Jornada OCTA-CNMC: La protección de la infancia y la juventud

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Cine Familiar TV Domingo: Avatar

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    Por icmedia
    julio 16, 2015

Fotos ICMEDIA

    • Facebook
    • TikTok
    • Instagram
    • X
    • Contacto
    • Política de cookies
    • Política de privacidad
    • Aviso Legal
    © Copyright IcMedia Galicia. Todos los derechos reservados.