iCmedia Galicia

Menú superior

  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

Menú principal

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

logo

Header Banner

iCmedia Galicia

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • Nuevo acuerdo para proteger a los menores en el entorno audiovisual

  • Cambios drásticos en Google: la IA toma el mando

  • Escáner de series mayo

  • Os Premios Dalle Like recoñecen o talento dixital galego

  • Lugo promueve el talento digital gallego y el uso responsable de las redes

Audiovisual
Home›Audiovisual›O bo momento do audiovisual en Galicia

O bo momento do audiovisual en Galicia

Por icmedia
noviembre 16, 2023
1378
0

En Galicia traballan directamente no sector 2.600 persoas. O emprego concéntrase na produción de cine e vídeo (41,2 %) e na televisión (37,1 %)

CCG

Aos premios recentes acadados polo sector audiovisual galego acompañan tamén as cifras. Na última década medrou o emprego, os ingresos de explotación, a asistencia ás salas de cine e o consumo televisivo, segundo o documento de traballo O sector audiovisual en Galicia 2023, que acaba de facer público o Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG). O documento conclúe que “os datos amosan que o audiovisual se atopa nun ciclo expansivo, con indicadores que apuntan a que se superou a crise sanitaria de 2020 e 2021 en moitos dos ámbitos que o compoñen”. O documento de traballo xa está dispoñible desde o web da institución.

A expansión do sector audiovisual sitúase nun contexto positivo xeral no conxunto de España, onde o incremento de emprego foi maior. En Galicia traballan directamente no sector audiovisual 2.610 persoas, un 4,2 % do total da forza laboral xerada por estas actividades en España. Con todo, o emprego concéntrase na produción de cine e vídeo (41,2 %) e na televisión (37,1 %). O audiovisual, lembra o informe, é un sector que tende a concentrarse xeograficamente. En España faino nas provincias de Madrid e Barcelona, mentres que en Galicia a actividade se concentra na provincia da Coruña (64,6 % das empresas).

Un 82 % dos fogares dispón dalgunha plataforma dixital

O informe destaca que o sector audiovisual está nun contexto de profundos cambios tanto no tipo de consumo que se fai como no soporte empregado. Se na década de 2010 o VHS e o DVD estaban presentes nun 80 % dos fogares, o móbil centra agora a reprodución de vídeo (emprégao un 84,6 % da poboación). O consumo televisivo segue a ser alto (88,9 %), pero baixou un 8 % con respecto a 2010. Neste sentido, hai un descenso do consumo da televisión xeneralista, que rexistra cifras máis baixas que na última década. En Galicia, Antena 3 e a TVG teñen as cotas de audiencia máis altas (dun 11,5 % no caso da galega), mentres que no conxunto de España só Antena 3 e Telecinco obtiveron máis dun 10 % de audiencia en 2022. Ademais, agora na televisión tamén se ve vídeo á carta a través das plataformas de intercambio (Netflix, Amazon Prime Video e Disney+ son as que concentran o público). En 2023, un 82 % dos fogares dispón dalgunha plataforma dixital.

Como xa se detectou noutro tipo de documentos e informes de traballo, este estudo específico sobre o sector amosa outro cambio de comportamento: a perda de espectadores nos cines galegos. En 2022 houbo nos cines galegos 2,5 millóns de espectadores, un 40 % máis que en 2021 e máis do dobre que no ano 2020, pero lonxe dos 4,2 millóns de 2019, unha evolución semellante á da recadación. Alén da crise sanitaria, o informe revela que se detecta “algo menos de interese polo cine que no conxunto de España e, malia que unha razón pola que non se vai máis ás salas é o prezo da entrada, a realidade é que este apenas mudou en dez anos”.

A produción de cinema

O estudo subliña o significativo incremento no ámbito da produción: hai máis empresas (un 47 % máis) e tamén máis películas (en 2022 houbo o dobre de filmes que en 2013). O xénero máis popular é o documental (28 %), seguido polo drama (26 %), a comedia, as películas de animación e o thriller (6,7 % cada un). A maioría dos filmes (89 %) foron realizados por unha única produtora, aínda que se observa unha tendencia ascendente no número de coproducións, tanto con empresas españolas como con estranxeiras. Os países cos que hai máis proxectos compartidos son Francia (30 % das coproducións internacionais) e Portugal (18,6 %). Pese a que un 68 % das empresas realizou só unha película durante este período de dez anos, vinte produtoras realizaron máis de tres películas e dúas superaron os dez proxectos rematados.

O informe tamén analiza as axudas de concorrencia competitiva da Axencia Galega das Industrias Cultuais (AGADIC), nas que o maior peso, o 40% recae na produción.

Mellorou tamén neste período a difusión do cinema producido no país. Aínda que hai películas pendentes de estrea, en 2022 exhibíronse no circuíto comercial oito de cada dez películas producidas. As películas que se estrearon en salas comerciais tiveron máis de 7,1 millóns de espectadores e unha recadación superior aos 43 millóns de euros.

Con respecto ao idioma, mellorou tamén a situación do galego neste sector. Na televisión convencional, a TVG segue a ser o principal axente normalizador cunha programación monolingüe. Porén, nas plataformas de streaming o galego aínda representa só un 0,5 % da oferta. Medrou tamén o número de películas en lingua galega na última década, que pasou de 9 en 2013 a 23 en 2020. O cine producido en Galicia empregou o galego nun 42,3 % das producións. Nas conclusións do informe tamén se explica que “malia que a maioría de producións en lingua galega na última década tiveron un éxito comercial en salas discreto, tamén apareceron títulos populares, como ‘As bestas’, ‘O que arde’ ou ‘A praia dos afogados’, entre outros”. O impacto das longametraxes en lingua galega estreadas en cinemas comerciais nos últimos dez anos foi de 1,5 millóns de espectadores e máis de 8,8 millóns de euros de recadación.

Etiquetasgaliciasector audiovisual
Noticia anterior

La Inteligencia Artificial y los usuarios de ...

Noticia siguiente

Razones para retrasar el uso del móvil: ...

icmedia

Artículos relacionados: Más del mismo autor

  • Cine

    +Cuñados: riamos como galegos

    abril 22, 2024
    Por icmedia
  • En portada

    Reunión de la Junta Directiva de iCmedia-Galicia en Santiago de Compostela

    diciembre 2, 2018
    Por icmedia
  • GaliciaTelevisión

    50 años de TVE en Galicia

    julio 30, 2021
    Por icmedia
  • Internet

    Tecnología gallega de vanguardia para luchar contra los “deepfakes”

    abril 1, 2026
    Por icmedia
  • GaliciaInternetTelevisión

    TVG, la primera cadena pública española que retransmite en directo con tecnología 5G

    julio 24, 2021
    Por icmedia
  • InfluencersInternet

    Disfruta la pesca deportiva de la mano del gallego Nacho Camacho

    noviembre 22, 2018
    Por icmedia

You may interested

  • En portadaInfluencers

    iCmedia, premio a la innovación en la lucha contra la desinformación

  • Audiovisual

    Nuevo acuerdo para proteger a los menores en el entorno audiovisual

  • Internet

    Diez ‘salvavidas’ ante el riesgo de las redes

  • ÚLTIMAS VISTAS

  • MÁS VISTAS

  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9
  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9

Timeline

  • junio 12, 2026

    Nuevo acuerdo para proteger a los menores en el entorno audiovisual

  • junio 5, 2026

    Cambios drásticos en Google: la IA toma el mando

  • mayo 23, 2026

    Escáner de series mayo

  • mayo 19, 2026

    Os Premios Dalle Like recoñecen o talento dixital galego

  • mayo 12, 2026

    Instala la app iCmedia Galicia en tu móvil

Latest Comments

Find us on Facebook

logo

iCmedia Galicia es una asociación que actúa con independencia y bajo el manto de ICMEDIA, Federación de Asociaciones de Consumidores y Usuarios de los Medios.

Su finalidad primordial es la promoción de iniciativas que favorezcan la calidad de los contenidos de los Medios audiovisuales gallegos.

Datos de contacto

  • c/ Vila de Laxe,10, 1ºC# 15005 La Coruña
  • (+34) 648 884 783
  • info@icmediagalicia.es
  • Recientes

  • Popular

  • Comentarios

  • Nuevo acuerdo para proteger a los menores en el entorno audiovisual

    Por icmedia
    junio 12, 2026
  • Cambios drásticos en Google: la IA toma el mando

    Por icmedia
    junio 5, 2026
  • Escáner de series mayo

    Por icmedia
    mayo 23, 2026
  • Os Premios Dalle Like recoñecen o talento dixital galego

    Por icmedia
    mayo 19, 2026
  • Jornada OCTA-CNMC: La protección de la infancia y la juventud

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Apple lanzará su servicio streaming en 2019

    Por icmedia
    julio 16, 2018
  • Series: “Fariña”

    Por icmedia
    enero 16, 2017
  • Cine: Colmillo blanco

    Por icmedia
    noviembre 6, 2018

Fotos ICMEDIA

    • Facebook
    • TikTok
    • Instagram
    • X
    • Contacto
    • Política de cookies
    • Política de privacidad
    • Aviso Legal
    © Copyright IcMedia Galicia. Todos los derechos reservados.