iCmedia Galicia

Menú superior

  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

Menú principal

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

logo

Header Banner

iCmedia Galicia

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • Cambios drásticos en Google: la IA toma el mando

  • Escáner de series mayo

  • Os Premios Dalle Like recoñecen o talento dixital galego

  • Lugo promueve el talento digital gallego y el uso responsable de las redes

  • Especialistas reclaman una “influencia responsable” de los creadores de contenido

Televisión
Home›Televisión›“Xuntos en directo”: un magazine contra o idadismo que recupera a Rocío Delgado

“Xuntos en directo”: un magazine contra o idadismo que recupera a Rocío Delgado

Por icmedia
diciembre 17, 2023
2719
0

Félix Caballero

Téñoo escrito neste mesmo medio: a TVG é unha canteira extraordinaria de presentadoras, e digo ben, presentadoras, máis ca presentadores, aínda que deles tamén. A última descuberta –que non a derradeira– é Rocío Delgado. Non se trata de ningunha novata. Ten xa 38 anos e –o que é máis importante– unha notable traxectoria en TeleMadrid desde 2008 e tamén en TVE, aínda que nesta canle só a partir de setembro deste ano, apena un mes antes de se incorporar ao programa “Xuntos en directo” da Televisión de Galicia. Aínda que naceu en Vigo, é a primeira vez que traballa na TVG.

Alén de ser guapa e estilosa –o que non é cousa fútil na televisión–, ten telexenia –que no é o mesmo ca beleza, aínda que esta sempre axuda– e desenvólvese moi ben como presentadora dun magazine como o que lidera agora na Televisión Galega, malia que en TeleMadrid traballase fundamentalmente en informativos, mesmo presentándoos.

En “Xuntos en directo” ten como compañeira de presentación á cantante Pili Pampín, que cada vez vai gañando máis peso como presentadora de televisión, un pouco na liña da grande Ana Kiro, que nos últimos anos da súa carreira demostrou que presentaba tan ben coma cantaba.

É curioso que, en contra do modelo tradicional do dúo de presentadores dos programas de televisión, formado sempre por un home e unha muller –quen non lembra a Joaquín Prat e Laura Valenzuela en “Galas del Sábado”?– , a TVG está a apostar nos últimos anos por parellas do mesmo sexo. En “Xuntos en directo” son dúas mulleres, pero, por exemplo, en “Quen anda aí” temos dous homes: Roberto Vilar e Juan Fuentes, que substituiu a Rodrigo Vázquez tras a fichaxe deste por TVE.

Polo demais, “Xuntos en directo”, que se emite os sábados e domingos a partir das 15.45 horas, é un magazine de tarde en directo que ten como particularidade a súa declaración de intencións contra o idadismo –a discriminación dos vellos–. O programa cóntén entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións, nada novo neste tipo de espazos, pero desde a perspectiva de diferentes xeracións. Un equipo de colaboradores de entre 18 e 80 anos tenta debullar unha imaxe completa de Galicia, mirando o pasado mais tamén o máis vangardista do presente, e permitir que mozos e maiores descubran afinidades e diferenzas. Un programa para que avós, pais e netos senten xuntos perante o televisor, como acontecía nos vellos tempos.

Entre os colaboradores figura outra moza que se ten revelado tamén tan boa presentadora como cantante: Tania Veiras, quen, xunto a Rubén Diumaró, interpreta cada tarde os éxitos que marcaron os máis maiores e os máis novos.

Moito éxito a “Xuntos en directo” e que continúe a extraordinaria canteira de presentadoras e presentadores da TVG.

EtiquetasRocío DelgadotvgXuntos en directo
Noticia anterior

Razones para retrasar el uso del móvil: ...

Noticia siguiente

Nace Agalega, plataforma digital con 1.400 contenidos ...

icmedia

Artículos relacionados: Más del mismo autor

  • GaliciaInternetTelevisión

    TVG, la primera cadena pública española que retransmite en directo con tecnología 5G

    julio 24, 2021
    Por icmedia
  • TelevisiónTendencias

    La Xunta de Galicia licitará el proyecto de una plataforma interactiva de la TVG en 2019

    diciembre 5, 2018
    Por icmedia
  • Televisión

    “Xente marabillosa”: la cámara oculta al servicio de la denuncia social

    noviembre 4, 2023
    Por icmedia
  • Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez.
    GaliciaTelevisión

    Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez “andan aí”

    junio 27, 2021
    Por icmedia
  • TelevisiónInfluencers

    Las televisiones en abierto exigen que los influencers cumplan la ley en materia de protección al menor

    febrero 2, 2024
    Por icmedia
  • SeriesTelevisión

    Rapa

    julio 8, 2022
    Por Claudio Sánchez

You may interested

  • Internet

    Jóvenes comprometidos en la Red: el papel de las redes sociales en la participación social activa

  • Periodismo

    El “TikTok de las noticias” y la información personalizada

  • Influencers

    Lugo promueve el talento digital gallego y el uso responsable de las redes

  • ÚLTIMAS VISTAS

  • MÁS VISTAS

  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9
  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9

Timeline

  • junio 5, 2026

    Cambios drásticos en Google: la IA toma el mando

  • mayo 23, 2026

    Escáner de series mayo

  • mayo 19, 2026

    Os Premios Dalle Like recoñecen o talento dixital galego

  • mayo 12, 2026

    Instala la app iCmedia Galicia en tu móvil

  • mayo 6, 2026

    Lugo promueve el talento digital gallego y el uso responsable de las redes

Latest Comments

Find us on Facebook

logo

iCmedia Galicia es una asociación que actúa con independencia y bajo el manto de ICMEDIA, Federación de Asociaciones de Consumidores y Usuarios de los Medios.

Su finalidad primordial es la promoción de iniciativas que favorezcan la calidad de los contenidos de los Medios audiovisuales gallegos.

Datos de contacto

  • c/ Vila de Laxe,10, 1ºC# 15005 La Coruña
  • (+34) 648 884 783
  • info@icmediagalicia.es
  • Recientes

  • Popular

  • Comentarios

  • Cambios drásticos en Google: la IA toma el mando

    Por icmedia
    junio 5, 2026
  • Escáner de series mayo

    Por icmedia
    mayo 23, 2026
  • Os Premios Dalle Like recoñecen o talento dixital galego

    Por icmedia
    mayo 19, 2026
  • Instala la app iCmedia Galicia en tu móvil

    Por icmedia
    mayo 12, 2026
  • Jornada OCTA-CNMC: La protección de la infancia y la juventud

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Apple lanzará su servicio streaming en 2019

    Por icmedia
    julio 16, 2018
  • Series: “Fariña”

    Por icmedia
    enero 16, 2017
  • Cine: Colmillo blanco

    Por icmedia
    noviembre 6, 2018

Fotos ICMEDIA

    • Facebook
    • TikTok
    • Instagram
    • X
    • Contacto
    • Política de cookies
    • Política de privacidad
    • Aviso Legal
    © Copyright IcMedia Galicia. Todos los derechos reservados.