iCmedia Galicia

Menú superior

  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

Menú principal

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • Inicio
  • Blog
  • Contacto

logo

Header Banner

iCmedia Galicia

  • Inicio
  • ¿Quienes somos?
  • Internet
  • Series
  • Cine
  • Televisión
  • Influencers
  • Nuevo acuerdo para proteger a los menores en el entorno audiovisual

  • Cambios drásticos en Google: la IA toma el mando

  • Escáner de series mayo

  • Os Premios Dalle Like recoñecen o talento dixital galego

  • Lugo promueve el talento digital gallego y el uso responsable de las redes

SeriesTelevisión
Home›Series›Que fai “imprescindible” unha serie de televisión?

Que fai “imprescindible” unha serie de televisión?

Por icmedia
noviembre 9, 2022
1566
0

Claudio Sánchez de la Nieta, membro do Consello Asesor de iCmedia Galicia, fala na Universidade de Vigo do fenómeno das series de televisión

DUVI

Na actualidade, as diferentes plataformas estrean en España máis de 50 series cada mes, o que fai especialmente complexo dar forma a producións que sexan capaces tanto de captar o interese de audiencia como de perdurar no tempo. Dar resposta á pregunta de que fai “imprescindible” a unha serie de televisión foi o obxectivo central da conferencia que o crítico Claudio Sánchez impartiu este luns na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, en Pontevedra. Nunha actividade organizada pola Área de Xornalismo e patrocinada pola Vicerreitoría do campus, Sánchez sinalou a construción dos personaxes e do ritmo narrativo como as claves para xerar producións “perdurables”, que manteñan o interese co paso do tempo.

“Na miña opinión, o que máis conecta co espectador é a creación dun ritmo e duns personaxes”, salientou este crítico de cine e televisión en Aceprensa, iCmedia e Fila Siete, que foi presentado nesta conferencia pola profesora Mercedes Román. No propio título do relatorio, de feito, Sánchez sinalaba xa unha serie de exemplos de producións ao seu xuízo destacables por ese labor de “desenvolvemento de personaxes e creación do ritmo”, como Breaking Bad ou Mad Men, “que creo que van marcar un antes e un despois, non só na historia da televisión, senón na historia do audiovisual e das que se seguirá falando dentro de vinte anos”. Nun relatorio completado coa proxección de pequenas escenas, Sánchez afondou tamén noutros exemplos como Antidisturbios, “unha serie que recolle moitos ámbitos e estruturas sociais e que é unha obra de arte”, ou Patria, a adaptación da novela de Fernando Aramburu. “Lévase moito tempo facendo películas series sobre ETA, pero ata Patria ou La línea invisible non se fixera un retrato o suficientemente complexo ou matizado. Eran todo películas que duraban un ano e a xente esquecía por completo, que podían xerar un interese histórico, pero non cinematográfico”, concluíu este crítico e doutor en Comunicación pola Universidade Internacional de Cataluña.

A información completa en:

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/que-fai-imprescindible-serie-television

 

 

Etiquetaséxitoseriestelevisión
Noticia anterior

iCmedia participa en el I Encuentro Mentes ...

Noticia siguiente

Cien años de Blake Edwards

icmedia

Artículos relacionados: Más del mismo autor

  • AudiovisualTelevisión

    ¿Qué vemos esta noche?

    abril 3, 2023
    Por icmedia
  • SeriesTelevisión

    Rapa

    julio 8, 2022
    Por Claudio Sánchez
  • Televisión

    SkyShowtime desembarca en Europa

    septiembre 29, 2022
    Por icmedia
  • Televisión

    Algunas claves del desplome de Netflix

    mayo 6, 2022
    Por icmedia
  • Series

    Series: “Fariña”

    enero 16, 2017
    Por icmedia
  • Series

    “True crime”: La línea roja es el respeto a la víctima

    julio 2, 2024
    Por icmedia

You may interested

  • Televisión

    El secreto mejor guardado: así se miden las audiencias de televisión

  • Series

    Adolescencia

  • Redes Sociales

    Cómo las redes sociales alimentan nuestro ego y nos hacen dependientes

  • ÚLTIMAS VISTAS

  • MÁS VISTAS

  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9
  • Cine Familiar TV Sábado: La búsqueda

    6.9

Timeline

  • junio 12, 2026

    Nuevo acuerdo para proteger a los menores en el entorno audiovisual

  • junio 5, 2026

    Cambios drásticos en Google: la IA toma el mando

  • mayo 23, 2026

    Escáner de series mayo

  • mayo 19, 2026

    Os Premios Dalle Like recoñecen o talento dixital galego

  • mayo 12, 2026

    Instala la app iCmedia Galicia en tu móvil

Latest Comments

Find us on Facebook

logo

iCmedia Galicia es una asociación que actúa con independencia y bajo el manto de ICMEDIA, Federación de Asociaciones de Consumidores y Usuarios de los Medios.

Su finalidad primordial es la promoción de iniciativas que favorezcan la calidad de los contenidos de los Medios audiovisuales gallegos.

Datos de contacto

  • c/ Vila de Laxe,10, 1ºC# 15005 La Coruña
  • (+34) 648 884 783
  • info@icmediagalicia.es
  • Recientes

  • Popular

  • Comentarios

  • Nuevo acuerdo para proteger a los menores en el entorno audiovisual

    Por icmedia
    junio 12, 2026
  • Cambios drásticos en Google: la IA toma el mando

    Por icmedia
    junio 5, 2026
  • Escáner de series mayo

    Por icmedia
    mayo 23, 2026
  • Os Premios Dalle Like recoñecen o talento dixital galego

    Por icmedia
    mayo 19, 2026
  • Jornada OCTA-CNMC: La protección de la infancia y la juventud

    Por icmedia
    julio 16, 2015
  • Apple lanzará su servicio streaming en 2019

    Por icmedia
    julio 16, 2018
  • Series: “Fariña”

    Por icmedia
    enero 16, 2017
  • Cine: Colmillo blanco

    Por icmedia
    noviembre 6, 2018

Fotos ICMEDIA

    • Facebook
    • TikTok
    • Instagram
    • X
    • Contacto
    • Política de cookies
    • Política de privacidad
    • Aviso Legal
    © Copyright IcMedia Galicia. Todos los derechos reservados.